venres, 20 de outubro de 2017

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Ola a tod@s!! Estamos preparando o Día das Bibliotecas escolares. Comezamos abrindo as portas a principios de mes firmando o contrato cos axudantes dos recreos, agasallamos aos máis lectores do curso pasado e repartimos as mochilas viaxeiras en Primaria.
Esta semana decorouse o corredor da Biblioteca como podedes ver nas fotos. Pero está moi triste, necesita da vosa colaboración. 


Así que elaborade unha portada dun libro en galego que recomendedes aos outros nen@s. O martes 24 de outubro baixaremos a decorar o mural cos nosos traballos. E ao longo da semana visitaremos a nosa biblioteca por aulas para recibir a formación de usuarios.

Grazas rapaces!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario