Para comezar o proxecto deste ano: "Desenterrando os nosos tesouros", contamos coa visita do historiador Arturo Sánchez Cidrás. Fixemos varios grupos e os últimos foron os maiores do colexio, 5º e 6º de Primaria.
Os alumn@s escoitaron lendas e faloulles do Patrimonio material da nosa contorna: fontes, pontes, cruceiros... E non se esqueceu das nosas festas.
Encantounos recibir a súa visita e que nos acercou un pouco máis o que temos tan próximo.
Moitas grazas Arturo!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario