Pola beira do río

xoves, 1 de xuño de 2017

ILUSTRÍSIMA

Os compoñentes do club de lectura de adultos, animados polas futuras incorporacións, xuntáronse arredor da figura de Carlos Casares.
Lembraron o seu paso por Cangas e outros aspectos da biografía,  o seu compromiso coa cultura de Galicia e a súa obra a través de Ilustrísima. 

Nesta penúltima xuntanza comentouse que a bonhomía fronte ao  fanatismo semella una actitude que debe levar ao respecto. A propia vida está chea de arestas. As crenzas, o medo ao novo poden provocar inseguridades que o tempo pousa na normalidade. En Ilustrísima o incipiente cinematógrafo escandaliza e causa desavenencias non fáciles de resolver dende a intolerancia.

O 21 de xuño volveranse xuntar para comentar "Los girasoles ciegos" publicada por Anagrama.


Graciñas a todos por compartir tempo e reflexións

Ningún comentario:

Publicar un comentario