O club de lectura de adultos propón para o vindeiro 31 de maio, no Torrecino, unha xuntanza arredor da obra de Carlos Casares "Ilustrísima" publicada na editorial Galaxia.
Este ano o Día das Letras Galegas lembra a figura de Carlos Casares e o club de lectura acércase á súa figura.
Carlos Casares impartiu docencia no Instituto de Cangas, situado na praia de Rodeira, e alí acudían algúns veciños de Cela, entre eles compoñentes do club de lectura, aos que Casares Mouriño impartía clase de lingua e literatura.
No mes de maio son numerosos os actos que a Fundación Carlos Casares e a Academia da Lingua Galega, xunto con outras colectivos e institucións realizan sobre a súa figura.
Ningún comentario:
Publicar un comentario