venres, 28 de abril de 2017

ALFOMBRAS FLORAIS

  
Charlas divulgativas na biblioteca
A Asociación Cultural Alfombras de Bueu trasladou ao noso centro educativo a unha parte dos seus compoñentes. O obxectivo trazado era comentar  as súas pesquisas sobre a evolución histórica das alfombras florais no noso municipio e realizar un obradoiro para a súa confección. Este ano a figura da pintora Maruxa Mallo, que pasou temporadas en Bueu e aquí realizaou algúns dos seus traballos, é a inspiradora de distintos motivos creativos.

Os mestres alfombreiros e alumnado do centro no labor divulgativo e creativo da confección das mostras florais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario