Os alumnos e alumnas de quinto e sexto realizaron unha visita ao Río Gafos, da man da asociación Vaipolorío. Alí aprenderon moitísimas cousas relacionadas coas características e conservación dos ríos. Xa que estes nenos e nenas están a investigar as árbores que se poden atopar pola beira do río, nesta visita puideron observar de cerca as especies autóctonas.
Para ver máis fotos da saída premede aquí http://www.edu.xunta.es/centros/ceiptorrecela/galeria/thumbnails.php?album=24
Espérovos cos libros abertos!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario