xoves, 3 de decembro de 2015

Club de lectura de 5º de Primaria

Este xoves celebrouse a primeira reunión do club de lectura de 5º de Primaria.
O título lido e comentado foi "O pequeno Nicolás" de Sempé e Goscinny (Editorial Alfaguara).

O entusiasmo dos nenos foi unánime: é un libro divertido!
A maioría recoñeceu que, durante a lectura, escapouse algunha gargallada. A mestura dos personaxes atractivos, as travesuras relatadas con moito humor e as ilustracións de Sempé, fan deste libro un clásico que nunca pasa de moda.

Analizamos a estructura dos capítulos, os valores reflectidos nas historias, as características dos personaxes principais e observamos de que modo os nenos se relacionan cos adultos. 
Ademáis, notamos moitas semellanzas entre a escola de Nicolás e a nosa escola, pero sobre todo notamos diferencias. 


Levamos unha boa sorpresa e rimos un cacho ao visionar os primeiros minutos da película "Le petit Nicolás". Recoñecimos todos os escenarios e os personaxes á primeira, e lembramos as historias ralatadas no libro.

Pasamos un bó rato. Xa estamos desexando repetir!!! Próximamente teredes máis novas.


Espérovos cos libros abertos!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario