domingo, 3 de marzo de 2024

Febreiro, mes das emocións

En febreiro celebramos o mes das emocións. Na Biblio sacamos dos andeis os títulos relacionados coas emocións, preparamos Mochila especial de emocións e facemos unha proposta para as titorías.
Este curso, dentro do proxecto "Son de Cela", experimentamos e investigamos coa música. Expresamos as emocións que nos provocan as cancións, como poden cambiar o noso estado de ánimo e como nos permiten expresarnos de moitas formas: musical, plástica, oral, escrita...
E que a música é pura emoción.

Club de lectura

En febreiro celebramos a reunión final do club de lectura de 2º ciclo de primaria. Leron "El último violín" de Anna Manso. Desfrutamos moito da lectura e da compañía!! A polo seguinte título!!

sábado, 24 de febreiro de 2024

Día de Rosalía

Onte celebramos o Día de Rosalía porque tal día coma hoxe, en 1837, nacía a mellor escritora da nosa historia. Dende o noso cole rendímoslle unha ben merecida homenaxe por todo o que fixo pola nosa lingua. Grazas Rosalía!

xoves, 15 de febreiro de 2024

Día Mundial da Radio

O día 13 de febreiro celebramos o Día Mundial da Radio participando na proposta de Escolas nas Ondas. Na ligazón podes escoitar os 3 programas que gravamos para este día tan importante para a nosa Radio Faladoiro! Nun dos programas repasamos o top 10 das cancións que conteñen na súa letra a palabra RADIO. Agardamos que os desfrutedes!! https://escolasnasondas.com/ceip-plurilingue-torre-cela-bueu-para-o-dia-mundial-da-radio-2024/
Aproveita e suscríbete ao noso canal de Ivoox para non perder nada!! https://www.ivoox.com/podcast-curso-23-24_sq_f12321995_1.html

Son de Entroido

A chuva non nos para!! Que ben o pasamos no Entroido!! Este ano o Entroido xira arredor da música. Visitounos comparsa dos Mulos de Bueu, que nos deleitaron con coplas típicas que se cantan nestas datas.
E como somos moi obedientes fixemos todos os mandadiños que Torriño nos foi propoñendo durante toda a semana. De mariñeiros, en pixama, sementando...
Ata que, o día do desfile final, arriba a música. Rockeiros, DJ´s, Michael Jackson, Madonna, rapeiros e reguetoneiros... SON DE CELA!!

Club de lectura

En xaneiro celebramos a primeira reunión do club de lectura de 3º ciclo de primaria. O título que lemos foi "El misterioso caso del pianista sin cabeza", título que forma parte dunha colección de Cuca Canals sobre crimes e filosofía. Unha mestura interesantísima!! Falamos da intriga da trama pero tamén, como non, de música! Porque disto vai o noso proxecto... Resultou que a música tiña moito que ver co móbil dos crimes cometidos neste libro. E desvelamos a melodía da partitura contida na trama.
E para máis desfrute, levamos unha chapa de agasallo!! Pronto máis lecturas!!

En son de paz!

A pasada semana celebramos o Día da Paz. Ademais da xa clásica chocolatada con churros tivemos tempo de escoitar o manifesto musical elaborado e cantado polo alumnado de 3º de primaria. Ademáis todos xuntos cantamos e bailamos ao son de Uxía Lambona unha canción especial para este día e sacamos todos os xogos ao patio para desfrutar da convivencia!
E, coma sempre, na Biblio tiñamos preparada unha coidada selección de lecturas para esta conmemoración.
Feli día da Paz!!